miércoles, 23 de septiembre de 2020

A miña presentación profesional: Vanesa Fernández Bargiela

 Ola a todos e todas ✋

Aproveitarei este espazo para presentarme e contarvos un pouco máis sobre min e o meu perfil profesional. Esta podería dicirse que son eu, Vanesa Fernández Bargiela. 


Dende ben pequena tiven clara que a miña vocación era axudar aos demais. Foi por iso, que decidín  enfocar a miña formación cara os Servizos Socioculturiais e á Comunidade.  Cursei o F.P. de Integración Social, e unha vez acadada esta titulación, embarqueime no Grao de Educación Social da UVIGO.

Comecei a miña andadura laboral traballando durante máis de tres anos, co colectivo da Terceira Idade. O meu primeiro traballlo foi nunha residencia de maiores, como Animadora Sociocultural. Despois de ahí, como Educadora Social e Coordinadora dun Centro de Día de persoas maiores. 
Actualmente, levo case dous anos, traballando nunha Asociación de Persoas con Discapacidade Intelectual. O primeiro ano, como Educadora Social, adicandome a traballar sobre o Axuste Persoal e Social deste colectivo. E dende comezos do 2020, na Área de Emprego, desempeñando funcións de  Técnico de Integración Laboral no CEE. Actúo como Unidade de apoio, prestando acompañamento e dando apoios ás P.C.D.I no seu posto de traballo; ademáis de impartir Formación para a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual, entre outras funcións. 

Dende que me insertei no mundo laboral, intentei non deixar de formarme. Realicei diversos cursos e formacións: Docente de Formación Online, Monitora de Ocio e Tempo Libre, e Docencia da Formación Profesional para o Emprego (pendente de rematar), entre outras.

Foi dende que comecei o meu camiño no Centro Especial de Emprego, cando comezou a despertar en min o interese por especializarme neste ámbito, por iso, cando me enterei que a CIXUG ofertaba o Posgrao de Orientación Laboral, non o dubidei nin un segundo.

Comezo esta formación, con moitas ganas e motivación. Os comezos sempre dan medo, pero tal e como di Rosana, mellor vivir sen medo. Deixovos esta canción, que a min persoalmente me enche de positividade para afrontar este novo reto.


Un saúdo.

EL ENTORNO PERSONAL DE APRENDIZAJE (PLE)

    El Entorno Personal de Aprendizaje ( PLE ),  es un entorno virtual de aprendizaje, que te permite organizar y gestionar todas tus apl...