domingo, 29 de noviembre de 2020

ITINERARIOS PERSONALIZADOS PARA O EMPREGO

 

No  Posgrao de Especialización en Orientación Laboral realizado pola Universidade da Coruña, poidemos asistir o pasado día 14 de novembro  a unha sesión moi interesante da profesora Mayte Deus Trasobares sobre os Itinerarios personalizados para o emprego.

 

QUÉ É UN IPI + CARACTERÍSTICAS

Nos últimos anos, o concepto de traballo e a súa organización social coa introducción das novas tecnoloxías, fixo que o mercado de traballo sufriu unha transformación estructural, provocando na poboación, cambios de emprego ou de traxectoria profesional. Isto desencadena nunha diferenciación entre os grupos sociais cada vez maior.

En consecuencia, aumentaron as necesidades de asesoramento cara o emprego. Polo que é importante, que dende o servizo de Orientación Laboral, se faga un seguimento contínuo dos usuarioas e usuarias, a longo da toda a vida laboral, especialmente, en períodos de desemprego, na transicción de un emprego a outro, e ao tentar adquirir as cualificacións necesarias para facer fronte ás demandas do mercado.  Ademais, de especializarse para intervir cos colectivos máis vulnerables e así evitar unha maior polarización.

A procura dun emprego, convértese cada vez nunha tarefa máis complexa e xurde, a necesidade de responder ás esixencias do contorno. En España, co fin de favorecer a inserción sociolaboral da poboación en xeral, aparece o concepto de itinerario.  

Elaboración propia


Elaboración propia

É preciso ter en conta para a elaboración dos itinerarios de inserción, certos condicionantes como poden ser: o mercado laboral, a conxuntura económica, lexislación, características persoais, circunstancias sociais, experiencias previas, …
 
Os elementos básicos que compoñen un Itinerario de Inserción Laboral son:
 
👀 Acollida
👀 Orientación
👀 Formación
👀 Formación en contacto laboral
👀 Intermediación
👀 Ocupación/Emprego
👀 Peche
 
 

FASES

 
1. ACOLLIDA 

A fase de acollida implica unha serie accións destinadas a realizar un primeiro contacto, na que realizar unha primeira valoración para identificar a demanda, os recursos e as necesidades da persoa.

Nesta fase buscamos coñecer as necesidade e mailas expectativas da persoa demandante, ademais de dar a coñecer o servizo de orientación e o traballo que se desenvolverá nas seguintes sesións.

Aproveitaremos pra crear un clima de confianza para que a persoa demandante se sinta acompañada durante todo o proceso e se comprometa para afrontar as diferentes  fases do itinerario con sinceridade.

Elaboración propia

2. DIAGNÓSTICO

A palabra clave no diagnóstico é tempo, é preciso preparar á persoa para un proceso lento, no cal vai ter que pensar cales son as súas necesidades, desexos, posibilidades, en definitiva, o que interesa é que realice un autocoñecemento, e a través del descobrir cales son os aspectos ós que necesita dedicar máis tempo para a súa mellora, e definir o seu perfil e obxectivo profesional así como as súas competencias laborais.

Para facer este autocoñecemento podemos axudarnos de ferramentas como o DAFO, a Roda da Vida, e otras ferramentas ou test que podemos atopar de maneira gratuita en internet.

Nesta etapa tamén é preciso favorecer unha actitude realista, e unha visión integradora da traxectoría laboral, intereses e características persoais.

 

3. DEVOLUCIÓN E COMPROMISO

En este proceso do itinerario é onde se realiza a orientación propiamente dita xa que é onde se producen as intervencións para esclarecer e sinalar o que nos conducirá a traballar os aspectos máis relacionados ca empregabilidade dos usuarios.

Algunhas das características desta etapa son:

  • A devolución é un dereito da persoa.

  • Este proceso permite preparar á persoa para tomar decisións e canto o seu proceso de empregabilidade.

  • Ten un carácter introspectivo.

  • A persoa é o protagonista.

Debemos centrarnos nos obxectivos profesionais e nos intereses laborais establecendo un marco de traballo.

É nesta entrevista de devolución e compromiso onde se confrontan as ideas previas que ten a persoa da sua propia realidade sociolaboral, onde se tratan de desmontar as resistencias frente o emprego e onde se motiva o usuario para que busque a mellora de emprego, unha recualificación, etc.


Os pasos claves desta entrevista son:

Elaboración propia

Para finalizar este proceso e centrándonos no aspecto do compromiso debemos ter en contar que se trata dun proceso social onde o compromiso supón un verdadeiro pacto moral que invita á responsabilidade da persoa a levar ata o final as decisións que foi tomando o longo da participación no programa.


4. FASE DE SEGUIMENTO E ACOMPAÑAMENTO

A finalización do IPI será a consecución do obxectivo establecido, xeralmente relacionado coa consecución dun posto de traballo, ou, alternativamente a realización das actividades previstas no IPI. 



A característica fundamental dun itinerario de inserción é a súa flexibilidade para cubrir a maior parte das necesidades que se poidan presentar, e a capacidade de adaptación a unha contorna en constante cambio. No seguinte cadro mostramos outras características do que se poden dar nun itinerario:

Elaboración propia

Nesta fase debemos facer un estudo do proceso de inserción e das accións realizadas. 

Unha vez explicadas todas as fases que conleva o Itinerario Personalizado de Inserción, reunímonos en grupos para facer o IPI dun suposto práctico antes de rematar a sesión.

5. CONCLUSIÓN

O mundo do traballo está cambiando, as regras que funcionaron no pasado quedaron obsoletas, polo que os técnicos e os orientadores laborais temos que pensar en novas estratexias e ferramentas.

Son moitas persoas que viven estados de soidade e incerteza asociados á falta de traballo ou a súa precariedade, erosionando a autoestima e chegando a sentirse incapaces de chegar a conseguir a súa meta.

Acompañalos e axudarlles a crear o seu propio itinerario de inserción laboral, planificando, diseñando e construíndo o propio proxecto e facéndoo realidade.

Vivimos o presente coa certeza de que o futuro non está garantido, e menos mal que poderemos reconstruír o futuro de acordo os nosos valores e desexos. Debemos establecer alianzas e espazos de participación, co coñecemento das habilidades necesarias para tomar as decisións correctas para chegar a un resultado óptimo.

 

Para finalizar engadimos a recompilación que fixo en Wakelet a nosa compañeira Cristina Cabo do POLAB20 cos chíos que se foron publicando o longo da sesión 👇👇👇👇👇👇👇👇👇

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

EL ENTORNO PERSONAL DE APRENDIZAJE (PLE)

    El Entorno Personal de Aprendizaje ( PLE ),  es un entorno virtual de aprendizaje, que te permite organizar y gestionar todas tus apl...