sábado, 31 de octubre de 2020

 

ORIENTACIÓN LABORAL E EDUCATIVA_MISTURAS

 

Nun sentido amplo o termo “orientación” parte do concepto “oriente” (punto por onde sae o sol) e fai referencia a acción de ubicarse ou recoñecerse. Xa na etimoloxía do termo podemos abstraer que a orientación deber servir de punto de apoio e referencia a través do cal se dirixe as persoas cara a determinadas metas u obxectivos mentres que se afondamos máis atopamos que este termo discorre por diversos camiños. Nesta ocasión centrarémonos no ámbito educativo e no ámbito laboral.

 

                                                   Fonte: Elaboración propia (empregando a ferramenta Canva)

 

A Orientación Educativa ten como funcionalidade principal dirixir e acompañar os xóvenes e adultos na elección das diversas ensinanzas que irán conformando o seu futuro académico e profesional. Esta orientación parte inicialmente dos centros educativos así como dos departamentos que están habilitados polos concellos que poñen á disposición dos usuarios información precisa sobre os diferentes itinerarios educativos, saídas laborais ou profesionais, formación, etc. No caso concreto dos centros educativos ademais de proporcionar información e necesario ter en conta as capacidades, intereses,… dos usuarios para así poder facer unha labor axeitada en cada caso. Ditas eleccións irán conformando a base cara o seu futuro laboral. Dentro de este ámbito da orientación poderíase falar máis concretamente a orientación profesional que vai enfocada a un asesoramento, información e entrenamento de cara a inserción laboral. Este sería o principal punto de confluencia ca Orientación Laboral propiamente dita.
 

 Fonte: Elaboración propia (empregando a ferramenta Canva)

 

Do que se trata e de a orientación sexa un proceso de acompañamento o longo da vida comezando na orientación educativo e continuando na orientación laboral. Trátase de capacitar as persoas de cara a súa formación e o seu futuro laboral.

En canto na Orientación Laboral propiamente dita realízase unha tarefa similar a que se leva a cabo no ámbito educativo pero centrada nas persoas que se encontran en situación de desemprego e naquelas que se encontran traballando pero buscan unha mellora de emprego. As áreas básicas que se traballan serían técnicas de búsqueda de emprego, asesoramento sobre a elaboración do currículum, xestión de contactos, ferramentas de procesos de selección, creación de talleres de información e formación, coñecemento dos usuarios elaborando perfís persoais e profesionais, etc.

En definitiva a ORIENTACIÓN é un asesoramento personalizado que busca a mellora continua  dos seus usuarios.

Se queredes afondar máis nalgún destes temas aquí vos deixo algunha información.

👉-----> Parcelas da orientación educativa

👉----- > Campos de acción dun orientador 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EL ENTORNO PERSONAL DE APRENDIZAJE (PLE)

    El Entorno Personal de Aprendizaje ( PLE ),  es un entorno virtual de aprendizaje, que te permite organizar y gestionar todas tus apl...