jueves, 29 de octubre de 2020

O PROCESO DA ORIENTACIÓN COORDINADA OU A IMPORTANCIA DA COORDINACIÓN NA ORIENTACIÓN

 

orientación laboral entendida como o proceso que ten por finalidade establecer obxectivos, fomentar actitudes e desenvolver estratexias de intervención de cara á inserción laboral das persoas realizase en moitas ocasión, directa ou indirectamente, a través de diferentes  programas e proxectos.

Cada persoa é ou pode ser usuaria de diferentes servizos e consecuentemente de diferente e variado persoal técnico: orientador@s, prospector@s, técnic@s de inserción, traballador@s sociais, educador@s familiares e un longo etcétera.

Partindo de que a circunstancia de cada persoa é individual, concreta e persoal ocorre en multitude de ocasións que diferente persoal "atende" a unha mesma persoa, tomando prestada e co debido respeto da terminoloxía do ámbito da violencia de xénero existe unha "victimización secundaria" cara @ usuari@ ao ter  que contar e recontar a súa situación e experiencia en materia laboral en cada un dos proxectos nos que participa, simultaneamente no tempo en moitas ocasións.

A coordinación dos diferentes servizos, e do persoal en cada un deles, pasa en moitas ocasións por:

— Ter unha actitude proactiva e iniciar contactos co persoal dos diferentes servizos e proxectos do territorio.

— Compartir información, recursos e ideas co resto do persoal implicado en cada caso.

— Fomentar o traballo en equipo e o traballo colaborativo, buscar solucións conxuntas á situación real e concreta de cada persoa establecendo itinerarios conxuntos.

Que exista esta coordinación facilita que as persoas usuarias destes servizos sexan participes desa propia coordinación e sexan quenes de acadar os obxectivos do seu proxecto laboral, evitando que acaben desmotivandose ou tendo a falsa idea de que a orientación laboral non ten ningunha utiliade e deixen de acudir a este tipo de servizo.


Fonte: elaboración propia.

Resulta difícil atopar experiencia prácticas concretas sobre a coordinación na orientación laboral, que seguro as hai e seguro están a funcionar,  pero no vídeo que comparto penso que se ve perfectamente a importancia do traballo en equipo e dunha boa coordinación para acadar os obxectivos propostos, ollade e opinade


 

 

 Podedes ver tamén informacións interesantes nos seguintes enlaces

👉 Rede Araña

👉 AOSLA: asociación de profesionais da orientación sociolaboral de España




No hay comentarios:

Publicar un comentario

EL ENTORNO PERSONAL DE APRENDIZAJE (PLE)

    El Entorno Personal de Aprendizaje ( PLE ),  es un entorno virtual de aprendizaje, que te permite organizar y gestionar todas tus apl...