sábado, 31 de octubre de 2020

A ENTREVISTA DE TRABALLO

A entrevista de traballo é unhas das partes máis importantes na procura de emprego. É unha fase decisiva, así que antes de acudir a ela é necesario ter unhas premisas básicas e claras para vencer calquera imprevisto e poder superala con éxito.

É un proceso de comunicación entre dúas persoas coa consecución dun único fin: seleccionar á persoa adecuada segundo o perfil buscado pola empresa.

Os obxectivos básicos da entrevista son: 

        Coñecer a vida curricular 

        Valorar o encaixe en competencias e valores da e empresa e do posto  

        Seleccionar a persoa adecuada

TIPOS DE ENTREVISTAS

 

 
 
 Pautas e consellos

·         📌Antes da entrevista: 

         ✏     Investiga o posto de traballo e a empresa: Débese acudir  sabendo o máximo posible sobre a empresa e o posto de traballo . Isto non solo vai servir para asegurar de que ese traballo é o que realmente se está a buscar, se non que tamén servirá para demostrar o interese no proceso.

      Por exemplo, as redes sociais como LinkedIn, Facebook ou Twitter, poden ser unha gran fonte de información e grazas a elas facernos unha idea de cales serían as cualidades do candidato ideal para esa empresa ou posto. 
     
       Apréndete o curriculo: Non se trata de sabelo de recitar punto por punto nin saber tódalas datas exactas. Esta aprendizaxe consiste en atopar respostas  para todo aquelo que crea dúbidas ao entrevistador, como pode ser anos sen traballar, ou a variabilidade de postos nun tempo determinado, etc...
 
Posibles preguntas nunha entrevista de traballo
 
    Practica a entrevista: ter as respostas preparadas a posibles preguntas, dedicar tempo a autoanalizarse: fortalezas, competencias, habilidades, aptitudes, coñecer os puntos débiles, argumentos...
 

⏰Debemos asegurarnos ter todos os datos relacionados coa cita da entrevista e non chegar tarde

 

  📌Durante a entrevista:

     

o Mostrar estar preparado ou preparada para convencer ao recrutador/a.

o Non interromper, permitir que a persoa entrevistadora remate a pregunta

o   Non distraerse e prestar atención ao que se nos preguntan

o   Sorrir e intentar conectar coa persoa reclutadora.

o   Canalizar os nervios cara o optimismo e poder superalos.

o   Nunca falar mal de terceiros

o   Coidar a linguaxe non verbal

o   Responder asertivamente

 

  📌Ao finalizar:

  Reflexionar sobre a mesma  para non caer en erros futuros

É interesante facerte seguidor  da empresa e conectar coa persoa responsable da entrevista

 

Para saber máis:

👉Partes da entrevista

👉Portal de emprego da Xunta

👉 Tipos probas de selección

 

 


 
 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EL ENTORNO PERSONAL DE APRENDIZAJE (PLE)

    El Entorno Personal de Aprendizaje ( PLE ),  es un entorno virtual de aprendizaje, que te permite organizar y gestionar todas tus apl...