jueves, 24 de septiembre de 2020

Pinceladas sobre min_Presentación profesional/persoal_Ana Pedreira Dovale

Boas noites a todos e todas,

Chámome Ana e son una rapaza galega afincada na Coruña. Cursei a maioría dos meus estudos nesta cidade comezando por la carreira de Logopedia na UDC – Universidade da Coruña. A motivación para escoller esta formación baseouse no meu afán de axuda cara os demais. Continuando pola mesma rama social e buscando completar a miña formación académica decidín estudar Psicoloxía na USC – Universidade de Santiago de Compostela.

O meu primeiro contacto co mundo laboral (en consonancia cos meus estudos) foron as prácticas que realicei en distintos centros xerontolóxicos da cidade herculina para posteriormente desenrolar unha estreita colaboración co Departamento de Psicoloxía do Concello de Culleredo (A Coruña). Neste departamento realicei diversas actividades aínda que a maioría delas tiñan como obxectivo proporcionar un soporte informativo e emocional tanto para as familias coma para os nenos do Concello.

A partires deste momento o meu crecemento laboral deu un xiro de 180º graos cambiando radicalmente de posto de traballo. Desta experiencia saquei coñecementos moi variados e experiencias que me fixeron crecer como persoa.

No ano 2013 decidín embarcarme no meu propio proxecto persoal e laboral (psicóloga e logopeda no meu propio centro) para así deste xeito poder facer o que me gustaba, traballar pola mellora dos demais. Foron anos de moito traballo e esforzo pero xa se sabe que cando alguén fai o que lle gusta o traballo, non é traballo.

En setembro do 2019 decidín facer o Máster en Orientación Educativa impartido pola UNIR (Universidade da Rioxa) para así ampliar os meus horizontes laborais no ámbito educativo. Con Máster rematado e satisfeita polo resultados e coñecementos obtidos embárcome nesta nova aventura #POLAB20 – Posgrao en Especialización en Orientación Laboral na que espero aprender desfrutando.

Despois desta achega a miña formación académica e á miña andadura profesional gustaríame falar un pouco de min, desa persoa que fala polos cóbados, inqueda por natureza e que sempre estará aí para o que faga falta. Gústame rir e desfrutar das pequenas cousas coma un paseo pola praia ou o tempo cos meus. Dentro das miñas afeccións estaría o baile así coma a pintura. Como mostra desta última déixovos algunhas “das miñas obras” (moi vario pintas):

 

Título: "Atardecer"


Título: "Mujer"

 

En canto o aspecto físico o avatar que creei non e que sexa fiel a realidade pero achégase un pouco:

  

O meu avatar



 Presentación do meu a avatar en Twitter


En canto os meus gustos musicais, como no caso da pintura son moi variados, pero nesta ocasión ainda non sexa un tema cañero gústame moito esta canción a piano xa que me proporciona a serenidade que preciso nalgúns momentos, espero que vos guste - Yiruma - River Flows In You.

 

 

 

Para rematar gustaríame deixarvos a referencia deste libro que me gustou moito, El Alquimista de Paulo Coelho.





Saúdos e ímonos vendo.



Ana

A miña presentación profesional: Leticia González Yebra

 

Ola a todas e a todos, chámome Leticia. Son galega, nacida e criada en Ourense onde actualmente desenvolvo a miña profesión.

Esta son eu, máis ou menos ;-)



Cursei estudos de Educación social e psicopedagoxía na Universidade de Vigo. Para complementar esta formación  e especializarme no ámbito laboral realicei  un posgrado en Inserción Sociolaboral pola Universidade de Valencia e un Master de Axentes de Emprego pola Universidade de Vigo.

Toda a miña traxectoria laboral está centrada na orientación laboral. Teño experiencia tanto no sector público coma no privado. Tamén teño experiencia coma formadora e impartín diversos cursos de Ofimática, atención a persoas dependentes, Igualdade de Oportunidades, entre outros.

Na actualidade  traballo como orientradora laboral e formadora nun proxecto de emprego na Fundación JuanSoñador en Ourense, traballo que veño realizando dende 2017.

Estou realizando este curso por varios motivos, para mellorar o meu perfil profesional e  tamén para adquirir novas ferramentas que me axuden no meu traballo diario.

Déixovos unha das miñas cancións de cabeceira:

miércoles, 23 de septiembre de 2020

A miña presentación profesional: Vanesa Fernández Bargiela

 Ola a todos e todas ✋

Aproveitarei este espazo para presentarme e contarvos un pouco máis sobre min e o meu perfil profesional. Esta podería dicirse que son eu, Vanesa Fernández Bargiela. 


Dende ben pequena tiven clara que a miña vocación era axudar aos demais. Foi por iso, que decidín  enfocar a miña formación cara os Servizos Socioculturiais e á Comunidade.  Cursei o F.P. de Integración Social, e unha vez acadada esta titulación, embarqueime no Grao de Educación Social da UVIGO.

Comecei a miña andadura laboral traballando durante máis de tres anos, co colectivo da Terceira Idade. O meu primeiro traballlo foi nunha residencia de maiores, como Animadora Sociocultural. Despois de ahí, como Educadora Social e Coordinadora dun Centro de Día de persoas maiores. 
Actualmente, levo case dous anos, traballando nunha Asociación de Persoas con Discapacidade Intelectual. O primeiro ano, como Educadora Social, adicandome a traballar sobre o Axuste Persoal e Social deste colectivo. E dende comezos do 2020, na Área de Emprego, desempeñando funcións de  Técnico de Integración Laboral no CEE. Actúo como Unidade de apoio, prestando acompañamento e dando apoios ás P.C.D.I no seu posto de traballo; ademáis de impartir Formación para a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual, entre outras funcións. 

Dende que me insertei no mundo laboral, intentei non deixar de formarme. Realicei diversos cursos e formacións: Docente de Formación Online, Monitora de Ocio e Tempo Libre, e Docencia da Formación Profesional para o Emprego (pendente de rematar), entre outras.

Foi dende que comecei o meu camiño no Centro Especial de Emprego, cando comezou a despertar en min o interese por especializarme neste ámbito, por iso, cando me enterei que a CIXUG ofertaba o Posgrao de Orientación Laboral, non o dubidei nin un segundo.

Comezo esta formación, con moitas ganas e motivación. Os comezos sempre dan medo, pero tal e como di Rosana, mellor vivir sen medo. Deixovos esta canción, que a min persoalmente me enche de positividade para afrontar este novo reto.


Un saúdo.

martes, 22 de septiembre de 2020

Un poco de mi...

    Soy Paula, Educadora Social, casi toda mi experiencia profesional tiene lugar en Barcelona donde pasé 15 años y donde continúe mi formación en Inserción Sociolaboral de Personas con Discapacidad (Empleo con apoyo). Hace poco mas de año y medio decido volver a mi ciudad natal, Pontevedra, y realizo el CP de Docencia de la Formación Profesional para el Empleo mientras tejo mi red de contactos, defino mi objetivo profesional y me ubico en la ciudad.

    Actualmente estoy trabajando en Ourense como Técnica de empleo para Red Araña donde me encargo de diferentes programas de formación para personas desempleadas en riesgo de exclusión, en las provincias de Pontevedra y A Coruña.

    Me apunté al Postgrado de Orientación Laboral para tener más herramientas para poder atender las necesidades de las personas con las que trabajo y tener más oportunidades laborales.

    Soy una persona optimista, alegre, como podéis deducir solo con ver mi avatar ;)



    Para que me conozcáis un poco mejor os dejo este video musical de Travis Birds y Benjamin Prado, donde contestan a Sabina 19 días y 500 noches después...




    ... y un libro que leí este verano y que os recomiendo es el de Maite Carranza "El fruto del baobab

    Y si aún queréis saber un poco más sobre mi, os invito a seguirme en LinkedIn y Twitter


Besos 😘

EL ENTORNO PERSONAL DE APRENDIZAJE (PLE)

    El Entorno Personal de Aprendizaje ( PLE ),  es un entorno virtual de aprendizaje, que te permite organizar y gestionar todas tus apl...