lunes, 26 de octubre de 2020

Como afecta a crise do COVID19 a situación laboral da muller?


     Como afecta a crise do COVID19 a situación laboral da muller?

    A incorporación da muller ao mercado de traballo forma parte dun fenómeno xeneralizado que se produce dende hai anos tanto na nosa comunidade como noutras da nosa contorna xeográfica, económico e cultural. Aínda que a participación feminina aumenta cada día, a situación de desigualdade parece ser a nota que a caracteriza a nivel global; dende hai moitos anos a muller, que vén sufrindo notables dificultades para acceder ao mercado de traballo.

Muller traballando nun almacén
Muller traballando nun almacén


    A situación de emerxencia provocada pola pandemia do COVID-19, afonda mais na desigualdade entre mulleres e homes da que xa partimos de base: 

  • As mulleres están na primeira liña de loita contra o brote do virus como traballadoras e profesionais dos servizos que declararon como “esenciais”. O 70% do persoal do sector sociosanitario é muller.
    Muller doctora
    Doctora analizando probas


  • Son elas tamén quenes realizan tres veces mais traballo de coidados non remunerado. Tradicionalmente na muller existe maior peso nas obrigas do coidado das persoas dependentes e/ou menores no ámbio familiar: Segundo o IGE, nunha enquisa realizada no 2018 a nivel da comunidade aútonoma galega, por sexo, a porcentaxe de homes de entre 18 e 64 anos que en 2018 compaxinou o coidado de fillos/as menores de 15 anos e/ou familiares dependentes cunha actividade laboral foi superior ao de mulleres: 82,3% para o colectivo masculino fronte ao 65,7% para o feminino. Pola contra, o 22,8% das mulleres que se fixeron cargo do coidado de fillos/as e/ou familiares dependentes en 2018 atopábase na situación de inactividade. O 85,9% das 269.500 persoas que abandonaron o seu traballo para coidar dos/as fillos/as eran mulleres.

    Polo tanto as mulleres asumen maiores consecuencias físicas e emocionais e están mais expostas a infeccións polo traballo que realizan.

    En resumo, a situación actual na que nos topamos trae consigo variables novas que perxudican a xa de por si fráxil situación da muller no mercado laboral e a nosa responsabilidade profesional como orientadores é coñecela e atopar recursos que poidan axudar a este colectivo a superalos con éxito, para que a situación no mercado profesional da muller siga evolucionando favorablemente cara unha igualdade real cada día un pouco mais próxima.

    Se estás interesada/o neste tema, e queres saber mais; podes consultar esta artigo, onde se fala das presencia das mulleres na dirección das empresas e por suposto sempre é interesante saber a lexislación laboral que ampara as mulleres traballadoras en España.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

EL ENTORNO PERSONAL DE APRENDIZAJE (PLE)

    El Entorno Personal de Aprendizaje ( PLE ),  es un entorno virtual de aprendizaje, que te permite organizar y gestionar todas tus apl...