jueves, 24 de septiembre de 2020

A miña presentación profesional: Leticia González Yebra

 

Ola a todas e a todos, chámome Leticia. Son galega, nacida e criada en Ourense onde actualmente desenvolvo a miña profesión.

Esta son eu, máis ou menos ;-)



Cursei estudos de Educación social e psicopedagoxía na Universidade de Vigo. Para complementar esta formación  e especializarme no ámbito laboral realicei  un posgrado en Inserción Sociolaboral pola Universidade de Valencia e un Master de Axentes de Emprego pola Universidade de Vigo.

Toda a miña traxectoria laboral está centrada na orientación laboral. Teño experiencia tanto no sector público coma no privado. Tamén teño experiencia coma formadora e impartín diversos cursos de Ofimática, atención a persoas dependentes, Igualdade de Oportunidades, entre outros.

Na actualidade  traballo como orientradora laboral e formadora nun proxecto de emprego na Fundación JuanSoñador en Ourense, traballo que veño realizando dende 2017.

Estou realizando este curso por varios motivos, para mellorar o meu perfil profesional e  tamén para adquirir novas ferramentas que me axuden no meu traballo diario.

Déixovos unha das miñas cancións de cabeceira:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EL ENTORNO PERSONAL DE APRENDIZAJE (PLE)

    El Entorno Personal de Aprendizaje ( PLE ),  es un entorno virtual de aprendizaje, que te permite organizar y gestionar todas tus apl...